Autor: Suárez García, Francisco
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 14,5x21 cm
Edición: primeira, 1998; segunda, 2007
Idioma: castelán
Páxinas: 520
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 978-84-95460-75-2

Escribía o poeta Xosé María Pérez Parallé en 1978 que, para os nenos da súa época, Grandal era igual que Mazinguer-Z para os daquel ano. Claro que el tiña outras referencias: o clásico Hércules, Racú,… Grandal, publicada por primeira vez, por entregas, en 1897, converteuse desde ese momento na “novela ferrolá”. Desde entón alimentou a imaxinación popular e, en tempo en que nin fútbol había, este folletín neorromántico escrito para os traballadores con intencións educativas foi unha das principais fontes de entretemento dos membros das clases máis humildes, e das menos.

Grandal coñeceu no seu xa máis dun século de existencia catro edicións: a príncipe (1897), a da Librería Cervantes (1950), a de Gervasio Sánchez (1978) e a primeira nesta colección Biblioteca de Ferrolterra (1998), todas elas esgotadas e moi difíciles de atopar nos circuítos do libro antigo ou usado. Esta é a quinta edición, un tributo ao seu autor, alcalde librepensador, republicano de primeira hora, aventureiro e soñador.

P.V.P.
24.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +