Autor: Bello Platas, Ana Isabel
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 13x21 cm
Edición: 2007
Idioma: galego
Páxinas: 156
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-84-95460-73-8

O pasado, o presente e o futuro da comarca ferrolá están marcados pola fonda transformación social, política e económica que supuxo a súa elección, en diferentes momentos históricos, como lugar de asentamento de numerosos establecementos industriais adicados aos máis diversos labores. A prolongación no tempo da súa actividade, ou o seu carácter efémero na maioría dos casos, fan da nosa comarca un lugar onde conviven momentos de auxe e bonanza económica, con momentos duros e difíciles que sofren os traballadores e as súas familias. A ausencia dun traballo de investigación sobre a fábrica de fusís ou armas de chispa de Xuvia –que recollera a transcrición da documentación conservada no Arquivo do Reino de Galicia– levou á autora a considerar a necesidade de abordar este labor, que ten como finalidade ofrecer unha panorámica completa do que foi a existencia dos Reais Establecementos, e do que supuxo a súa instalación na Ponte de Xuvia.

P.V.P.
15.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +