Autor: Martín García, Alfredo
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 13x21 cm
Edición: 2006
Idioma: galego
Páxinas: 108
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 84-95460-60-2

O marqués da Ensenada, entusiasmado polas posibilidades que ofrecía o porto galego, apostou forte por Ferrol, outorgándolle unha posición relevante nos plans navais de Galicia. Tras ser descartados outros portos galegos, caso de Vigo, Marín ou Pontevedra, Ferrol erixiuse nun dos principais valedores do poderío naval español, coas consecuencias demográficas, sociais, económicas e mesmo mentais xa coñecidas. No libro recóllense algunhas das manifestacións máis evidentes desa nova dimensión da real vila no século XVIII, como gran centro urbano, militar e fabril. Ferrol miraba máis ao mar que nunca e os seus fillos tripulaban as embarcacións da Coroa que surcaban os mares. A orixe dos mariñeiros, en moitos casos dos portos españois e galegos, e incluso estranxeiros, así como as súas condicións de vida, son obxecto de estudo e análise, así como os mecanismos do Estado para manter aquelas máquinas de guerra que defendían o status dun imperio que se resistía á decadencia fronte ás outras potencias europeas.

P.V.P.
4.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +