Autor: Iglesias Leira, Miguel
Colección: FUCO BUXÁN
Formato: 13 x 21
Edición: Primeira (decembro de 2006)
Idioma: Castelán
Páxinas: 96
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-95460-57-2
A sublevación militar de 1936 sorprende ao ferrolán Miguel Iglesias Leira a bordo do cruceiro Miguel de Cervantes. Ás seis da tarde do 19 de xullo, co buque en alta mar, doce cabos armados fixéronse en media hora co mando do barco sen que se derramase unha pinga de sangue. Mentres a banda de música interpretaba o Himno de Riego, os mariñeiros daban vivas á República. Miguel Iglesias, que saíra o mesmo 18 de xullo da súa casa na rúa San Fernando, non volveu a Ferrol ata o 19 de setembro de 1942. Durante eses seis anos tivo ocasión de participar en accións de guerra en España, navegar ata a Unión Soviética en busca de armas para a República, traballar nunha fábrica ucraniana e, na súa viaxe de volta a España, coñecer un campo de concentración nazi en Bélxica. O relato de Miguel Iglesias achega a visión do conflito español e da guerra europea desde o punto de vista dun trabajador novo.
P.V.P.
10.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +