Autor: Dacosta, Henrique
Colección: Narrativa
Formato: 13x21 cm
Edición: 2006
Idioma: galego
Páxinas: 127
Encuadernación: rústica
ISBN: 84-95460-50-5

En Covas, unha parroquia costeira e rural de Ferrol, desenvólvese a vida adulta dunha muller que sabe desde ben pequena que a vida dalgunhas persoas está chea de traballos e penas e a dignidade é o que salva a existencia dos desherdados. As circunstancias familiares dos pais, primeiro, e dela mesma, logo, obrígana á emigración interior á busca de traballo e futuro. Na súa vida cotiá non hai tempo para o acougo e os acontecementos que se suceden durante anos non permiten o descanso do corpo nin da mente, pero ela garda un segredo persoal nunca desvelado. O futuro da lingua galega está, moi probablemente, en novelas como Os desherdados, unha narración magnífica, de ritmo demorado, coidadosamente elaborada e sutil, rica en matices e de vocabulario gorentoso para ledicia dos lectores máis esixentes.

P.V.P.
16.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +