Autor: Barrera Beitia, Enrique
Colección: FUCO BUXÁN
Formato: 14,5 x 21
Edición: primeira, 2005
Idioma: castelán
Páxinas: 350
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 84-95460-46-7
A existencia dunha numerosa administración do Estado (fundamentalmente militar), un poderoso movemento obreiro (máis socialista que anarquista) e unha débil clase media, foron os protagonistas dos avatares de Ferrol durante o periodo republicano. Unha boa parte dos funcionarios non aceptaba de bo grado a chegada da II República. Outra parte, sen ser propiamente monárquica, cría inevitable que tarde ou temprano a República sería abolida, polo que non querían verse profesionalmente perxudicados por unha excesiva fidelidade a mesma. Uns e outros xuraron finxidamente o acatamento á Constitución republicana. A UGT, que puido funcionar legalmente durante a Dictadura de Primo de Rivera, e o PSOE, que ainda que prohibidas as suas actividades políticas, non foi perseguido, encontrábanse en excelentes condicións para liderar o movemento obreiro ferrolán e a vida política da cidade e de algúns concellos limítrofes. Os primeiros anos da II República acumulan feitos importantes, pero sen chegar a un agravamento significativo da convivencia social. A ruptura traumática da mesma vivirá o seu primer episodio en outubro de 1934 e eclosionará definitiva e dramáticamente no verán de 1936. A represión sistemática tras o golpe de Estado; os "paseos"; a resistencia das guerrillas e a sua organización; o uso dos presos políticos como man de obra barata; e o panorama político e sindical da posguerra completan unha visión global de Ferrolterra entre 1931 e 1952, con especial atención os principais feitos ocorridos durante ese periodo.
P.V.P.
22.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +