Autor: Varios
Colección: FUCO BUXÁN
Formato: 14,5 x 21
Edición: primeira (xuño 2004)
Idioma: galego-castelán
Páxinas: 248
Encuadernación: rústica
ISBN: 84-95460-34-3
A Asociación Fuco Buxán foi constituída -entre outros fins- para revitalizar as ideas progresistas mediante o debate das mesmas e para rescatar a Memoria Histórica, ameazada polos intentos de determinadas instancias en revisala e adaptala á súa particular mensaxe. A Memoria Histórica é un arma de futuro e non un simple exercicio de recoñecemento histórico. Se os mozos de hoxe non recollen a testemuña de compromiso pola liberdade e os dereitos laborais; existe o risco -ben o vemos- de que as traballadas conquistas sociais de onte pérdanse coa indiferenza e a apatía de hoxe. Tampouco este libro, e o acto do que naceu, é unha homenaxe ao labor dun individuo illado; Julio Aneiros nunca o aceptaría, por máis que acumule méritos suficientes para merecelo. O recoñecemento, materializado na persoa deste sindicalista de Bazán, éo a todo un colectivo de homes e mulleres que empuxaron o carro da historia cara á liberdade. Este libro recolle as diferentes achegas literarias e artísticas dirixidas á persoa de Julio Aneiros polos seus amigos e polos representantes das diversas entidades sindicais, políticas, cidadáns, así como polos representantes das diversas Administracións. Non é, polo tanto, unha autobiografía de Julio Aneiros, pero si se aproxima na práctica a unha biografía deste home exemplar.
P.V.P.
18.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +