Autor: Vázquez Aneiros, Aurora
Colección: Fora de colección
Formato: 23 x 15
Edición: primeira (marzo 2002)
Idioma: castelán
Páxinas: 216
Encuadernación: rústica
ISBN: 84-95460-15-7
A importancia da cuantitativamente escasa pero moi destacada vinculación de don Gonzalo Torrente Ballester co cine español merece unha reflexión profunda, máis alá dos breves epígrafes e a pouca atención coa que os seus biógrafos ou analistas literarios se referían a esta faceta do seu traballo. A estreita vinculación profesional do escritor ferrolán durante os últimos anos corenta e primeiros cincuenta co cineasta José Antonio Nieves Conde e os seus sólidos intentos de poñer en pé un cine social capaz de mostrar desde dentro aquilo no que se convertera o seu anhelado e revolucionario “novo amencer” da patria, fano acredor dunha detenida análise historiográfica por parte dos estudiosos do cine. Examinando desde ángulos diversos (o cine en Torrente Ballester, Torrente Ballester no cine, os guións orixinais, as adaptacións, ...), buscando con paciencia de arqueóloga en cada faciana persoal e profesional do escritor calquera vestixio cinematográfico, a autora deste libro móstranos un profundo coñecemento do novelista e as súas obras.
P.V.P.
19.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +