Autor: López García, Antía
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 13x21 cm
Edición: 2001
Idioma: galego
Páxinas: 189
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 84-95460-10-6

Cando Tomás Barros naceu en 1922 os días sucedíanse de conflicto en conflicto tentando adiar unha crise inevitable. A experiencia da guerra, que viviu en Ferrol, deixou nel o medo que percorre os seus versos. Daqueles feitos partiu un primeiro posicionamento de Tomás Barros ante o home e ante a realidade: o home como misterio inexplicable, o futuro como unha incógnita. A súa enerxía deixou de ser bulir de neno para volverse unha fonda inquietude interior, un cuestionamento permanente acerca do sentido da existencia ao que ao longo dos anos tentaría dar acougo.

O libro de Antía López García é unha profunda análise da vida e obra poética de Tomás Barros, unha das personalidades máis sobranceiras do mundo cultural ferrolán.

P.V.P.
3.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +