Autor: Burgoa, Juan José
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Ilustrador: Juan Rodríguez Soto
Formato: 13x21 cm
Edición: 2001
Idioma: castelán
Páxinas: 160
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 84-95460-11-4

O autor deste libro, Juan José Burgoa, abonda no estudio e catalogación dun dos símbolos de maior identidade na nosa cultura popular: A arte da pedra. Traballada con fermosura e sinxeleza polas mans de anónimos canteiros, é testemuño da fonda relixiosidade das xentes, aínda que ten firmes raíces nos cultos precristiáns. O libro é toda unha invitación para camiñar e contemplar a variada tipoloxía de cruces e cruceiros que erguen fachendosos a súa beleza e simbolismo. Como complemento, o libro incorpora, certeiramente, unha variada escolma poética, que vai dende cantigas e coplas populares ata poemas de autores sobranceiros dedicados a loubar os milleiros de cruces e de cruceiros espallados por todos os recunchos de Galicia. Ademais desta delicia poética que Burgoa ofrece ao lector, presenta tamén numerosas fotografías da súa autoría, que xunto coas fermosas acuarelas de Juan Rodríguez Soto, ilustran magnificamente este libro.

P.V.P.
3.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +