Autor: Suárez García, Francisco
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 14,5x21 cm
Edición: 2002
Idioma: castelán
Páxinas: 434
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 84-95460-20-3

Los invasores comeza no amencer do día 24 de agosto de 1800. A través das páxinas desta novela, dedicada polo seu autor a Ferrol, a súa cidade natal, o lector pode revivir algúns dos sucesos históricos máis relevantes da época a través da ficción.

Este xénero, a novela histórica, cultivado outrora con éxito por autores como Pérez Galdós, e que na actualidade goza tamén de gran número de adeptos, serviu a Francisco Suárez García para ilustrar toda unha etapa histórica de Ferrol.

En Los invasores o lector pode mergullarse na batalla de Brión, na de Trafalgar e na ocupación francesa, ademais de transitar polo peirao, as praias e os castelos de Ferrol, a través dos ambientes reconstruídos con coidado e agarimo polo autor. O mundo mariñeiro, a esgrima, os duelos, a prisión, as paixóns, o poder, Ferrol e a Historia son permanentes protagonistas desta obra, na que Francisco Suárez narra con fluidez historias dentro da Historia.

P.V.P.
20.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +