Autor: González-Llanos, Santiago
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 13x21 cm
Edición: 2002
Idioma: castelán
Páxinas: 142
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 84-95460-19-X

Moitos dos acontecementos do noso pasado histórico dormen entre sabas de legaxos á espera de que alguén lles volva dar vida, recuperándoos, reinterpretándoos e divulgándoos. E mentres tanto, a transmisión oral sálvaos do definitivo esquecemento, presentándoos como lendas ou relatos históricos idealizados, desfigurados ou tan sintetizados que a penas permiten entender a realidade do sucedido.

Así ocurría coa lenda do Sopiñas ata que Santiago González-Llanos, cun traballo de investigación impecable, nos presentou detalladamente as andainas deste capitán dunha gavilla de bandoleiros ferroláns e o proceso xudicial ao que foi sometido.

Sorprende nun libro de Historia, e é de agradecer, a capacidade do autor para presentar os acontecementos non só con gran rigor histórico senón tamén cunha amenidade que desperta no lector enorme interese e intriga polo desenlace.

O caso do Sopiñas e a súa gavilla é representativo do bandidismo decimonónico galego. Os bandoleiros adoitan estar integrados na sociedade cunha vida normalizada, cando actúan utilizan colaboracións esporádicas de persoas alleas á organización e dirixen as súas fechorías e roubos a todas as clases sociais: “aos pobres roubábanlles a pobreza”. Por iso a memoria oral preséntaos como malvados, capaces de engadir a tortura e o asasinato ao roubo.

P.V.P.
4.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +