Ferroláns
13 Setembro 2023Alma de grilo (e outras fábulas para acompañar o café)
17 Outubro 2023“Daríame por satisfeito con poder seguir gravando outro e outro e outro disco, e así ata que se me seque a boca”, asegura Magín Blanco na primeira liña deste libro.
Este traballo de Carlos Rego preséntanos vida e obra dun músico único, que crea beleza con total naturalidade. O libro recolle o relato da existencia de Magín Blanco en pequenos refachos e o do seu periplo musical con todo detalle. Axúdanos o autor a comprender un pouco mellor as condicións nas que Magín crea e converte en marabillas poéticas de gran calado emocional as súas composicións a partir da materia prima que o rodea. Magín Blanco. O camiño da luz coloca a Magín no lugar que merece no pop-rock galego e español. Contén un CD.
Formato | 15×23 cm |
---|---|
Edición | decembro, 2019 |
Idioma | |
Páxinas | 168 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-17824-15-0 |