Autor: Labraña, Carlos
Colección: Tren das cores
Ilustrador: Óscar Villán
Formato: 17x24 cm
Edición: xullo, 2019
Idioma: galego
Páxinas: 120
Encuadernación: tapa dura
ISBN: 978-84-17824-04-4

Ao anoitecer, o mundo dos vivos vaise achegando ao dos defundos, e as ánimas que aínda non atoparon acougo roldan perdidas polos camiños. Pero desta antiga lenda nunca oíran falar Xoaniña, Soldadiño, Pedichón e Medusquiñas, uns nenos que viven gorecidos nunha casa rexentada por unha misteriosa anciá. Isto cambiará coa chegada de dúas personaxes retortas que os obrigarán a fuxir, emprendendo unha viaxe emocionante por unha terra poboada de seres mitolóxicos. Así, xuntos, nunha Pequena Compaña, os rapaces tentarán chegar sans e salvos ás marabillosas Illas do Alén. Serán quen de conseguilo?

Esta divertida e máxica peza de Carlos Labraña resultou gañadora do VIII Premio Estornela de Teatro Infantil convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas.

P.V.P.
15.00 €
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +