Autor: Tania Merelas
Colección: Feminismo ou barbarie
Formato: 15x21 cm
Edición: Xuño, 2019
Idioma: Castelán
Páxinas: 208
Encuadernación: Tapa blanda
ISBN:

As violencias machistas son un eixo que vertebra ás sociedades patriarcais nas que vivimos. A humillación, a dor, a submisión, o auto-abandono, a inseguridade persoal, é dicir… o medo, son accións que, exercidas sobre as mulleres, conseguen reproducir unha orde xerárquica androcéntrica e patriarcal.


Este é un libro coral no que a autora é quen de atopar un pulso narrativo que se sitúa entre o ensaio e o informe de investigación. Desde unha sólida estrutura teórica, e con intelixencia analítica, aborda un tema complexo e formula preguntas incómodas que nos alonxan da zona de confort para adentrarnos noutras olladas das violencias machistas.

Esta obra quere (e consígueo) considerar ás mulleres coma persoas fortes, con capacidade individual e colectiva para superar unha situación de tortura e terror que marcará as súas vidas para sempre. Esta realidade deberá ser considerada como unha enorme fortaleza para as mulleres xa que se sitúa ao agresor como perdedor ao non conseguir o seu obxectivo: a escravitude física e emocional das súas parellas.

P.V.P.
20.00 €
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +