Autor: Pilar Blanco e María Xesús García
Colección: Oferta - Descatalogados
Formato: 13x21 cm
Edición: 2007
Idioma: galego
Páxinas: 136
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 978-84-95460-65-3

O Catastro da Ensenada é unha das fontes máis apreciadas e empregadas polos historiadores do século XVIII. Certo é que o tremendo esforzo estatístico desenvolvido en tempos de Fernando VI non tivo consecuencias prácticas naqueles tempos, ante a forte resistencia dos sectores privilexiados da sociedade. Aínda así, e para a nosa fortuna, toda aquela información quedou gardada nos arquivos. O Catastro de Ensenada é a averiguación realizada na Coroa da Castela para coñecer e avaliar os bens, as rendas e as cargas, das que fosen titulares os seus moradores; a través dela debían quedar formalmente rexistrados eles e as súas familias. Este proceso realizouse entre 1750 e 1756. A confección do Catastro será o intento máis serio emprendido ata entón para rematar cunha complexa fiscalidade baseada na desigual contribución dos diferentes grupos sociais e na imposición indirecta que prexudicaba as capas máis desfavorecidos.

P.V.P.
4.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +