Autor: Canosa Blanco, María
Colección: Narrativa
Formato: 13 x 21 cm
Edición: Abril, 2016
Idioma: galego
Páxinas: 120
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-84-16456-26-0

Un disparo produce un ruído tan enxordecedor que pode provocar reaccións inesperadas nas persoas. Bloquéaas, petrifícaas co medo, fainas botar a correr... Son imprevisibles.  As detonacións que mudan a vontade non só saen das armas de fogo: un accidente, un desamor, un desafiuzamento,... o paro. A fortaleza de cada un non só se precisa para superar o contratempo. É imprescindible tamén sortear as miradas dos demais e a incomprensión. 

DisParo é o retrato dunha desas burbullas que nacen cos atrancos, nas que a óptica do mundo muda completamente en función do lado que nos toque en sorte ocupar. 

P.V.P.
15.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +