Autor: Neira Vilas, Xosé
Colección: Costa da Morte
Formato: 16x23 cm
Edición: 2014
Idioma: galego
Páxinas: 176
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-884-92644-86-5

Xosé Neira Vilas chegou por vez primeira á Costa da Morte, coa súa compañeira Anisia Miranda, en 1981, poucos días despois de ter arribado a Galicia dende Cuba. Gustoulles a paisaxe mariña e terrestre deste feraz territorio e gustáronlles as xentes que o habitan. Gustáronlles as historias dos percebeiros, as embarcacións populares, as lendas mariñeiras, as enigmáticas illas Sisargas, o traballo das palilleiras de Camariñas, a olaría de Buño e, sobre todo, a cordialidade e a xenerosidade dos seus habitantes. Este libro é un resumo das tarefas realizadas e os moitos afectos colleitados durante estes anos de relación e encontros cos veciños e veciñas da Costa da Morte.

P.V.P.
20.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +