Autor: Ferrández Rivera, Guillermo
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 13x21 cm
Edición: 2011
Idioma: castelán
Páxinas: 104
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 978-84-92644-39-1

Entre os anos 1749 e 1936 hai tres breves de tempo fundamentais para comprender a historia de España e Ferrol, unha cidade intimamente ligada á Coroa. Neles, Ferrol adquiriu o seu grado de desenvolvemento económico e político. Ocorreu entre 1749 e 1780, de 1850 a 1890 e d 1909 a 1936. Foron as etapas nas que os ministros de Mariña foron o marqués da Ensenada, o marqués de Molíns, e Antonio Maura (que desenvolveu o coñecido plan Ferrándiz), respectivamente. E nestes tres momentos, e non por casualidade, España vai buscar a técnicos ingleses para levar a cabo os seus proxectos navais.

No século XVIII Inglaterra estaba en plena revolución industrial e os seus avances técnicos e científicos eran moi cobizados por Europa. Curiosamente, aínda que o século do Enciclopedismo e a Ilustración será netamente francés nas ideas (Voltaire, Rousseau, Montesquieu, Diderot,...), os avances  técnicos e industriais máis importantes haberá que ir buscalos aos países nos que triunfara a Reforma (Inglaterra, Alemaña, Holanda, ...)

P.V.P.
12.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +