Xoves, 22 de novembro de 2018
Guillermo Llorca amplía o seu "Ferroláns"

Guillermo Llorca publicaba no ano 1996 nesta mesma editora unha escolma biográfica de cen Ferroláns. O libro tivo moi boa acollida entre os lectores, ata o punto de que xa leva moito tempo esgotado.

Neste 2018, para conmemorar o 25 aniversario da editora ferrolá, aparece esta segunda edición, con trescentos dezasete Ferroláns. Son un amplo abano de mulleres e homes xa desaparecidos, que destacaron nalgún campo da creación artística, da política, da empresa, do sindicalismo, da milicia, da aviación, da ciencia, da medicina, da xurisprudencia, do ensino, do cine, da música, do xornalismo, do deporte, e doutras facianas da vida.

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +