Mercoles, 06 de xuño de 2018
Carolina Pernas presentou a súa novela "Invisible"

Ante un salón de actos abarrotado, a escritora ferrolá presentou Invisible. Teoría y práctica de mi suicidio, unha novela escrita para facer rir, para pensar (sen pasarse) e para axudar a facer un pouco máis visibles ás mulleres que se quedan nas esquinas suxeitando os bolsos das súas amigas nas festas.

A protagonista é unha muller gris, anódina, esquecida e invisible que decide facerse notar. Tómao moi en serio pois non ten nada que perder. Ao final do camiño está o suicidio pero antes ten moitas contas que saldar: "amigos" cos que reencontrarse e moita posta en escena que organizar, porque a súa saída deste chamado teatro da vida vai ser todo un espectáculo.

 

 

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +