Luns, 16 de outubro de 2017
Suso Lista presenta "Charamuscas" no café El Cercano, en Ourense

Charamuscas é un libro de relatos co que o polifacético Suso Lista pecha a triloxía iniciada con Salseiros e Xeixos, tamén editados por Embora.

Manuel Rivas, prologuista desta obra, dixo sobre ela que son historias escritas coas mans de Suso Lista, das que o poeta Paul Celan ben diría: "Só as mans verdadeiras escriben contos verdadeiros".

A presentación terá lugar no café El cercano (rúa Cardenal Quevedo, 20) de Ourense o vindeiro xoves 26 ás 19.00 horas.

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +