Luns, 14 de agosto de 2017
Sae á venda "Baixo as mesmas nubes", da ilustradora Elga Fernández Lamas

Xa está nas librarías Baixo as mesmas nubes. Ferrol art book, o libro de Elga Fernández Lamas no que ilustra e interpreta un Ferrol que, en palabras do seu prologuista Xesús Constela, "é o barco que nos leva, a illa silandeira que navega na misteriosa deriva das súas propias singraduras, a nube que nos arrola entre as cores dos seus edificios máis emblemáticos". Nel están o Casino ferrolá, o faro do cabo Prior, a casa de Carvalho Calero, o cine Capitol ou o Club Copacabana, entre unha trintena de imaxes marabillosamente debuxadas por Elga.

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +