Xoves, 06 de abril de 2017
Edicións Embora publica "Terra queimada", de Ramón Caride

Dono dunha ampla carreira literaria, Ramón Caride publica Terra queimada, un relato coral no que se unen tempos e situacións, desde as míticas lembranzas das partidas de bandoleiros carlistas do século XIX aos rescoldos dun pasado que, propio do mundo rural, abrolla de xeito inesperado e terrible.
Terra queimada preséntase o venres 7 ás 20.00 horas na libraría Alicia, de Maceda.