Novas (14)

Xoves, 02 de xuño de 2016
Edicións Embora presenta "Galicia, nosa ledicia", de Neira Vilas

A Fundación Neira Vilas, en Gres, acolle o vindeiro sábado día 11 (19.00 horas) a presentación dunha das últimas obras infantís do autor pontevedrés. Galicia, nosa ledicia é unha historia de Galicia en verso, escrita para nenos pero que tamén encanta aos maiores.

Ao acto acudirán Luís Reimóndez, presidente da Fundación Neira Vilas; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; e Miguel Toval, director de Edicións Embora.

Luns, 09 de maio de 2016
Vicente Araguas publica "Manuel María: un home de mil pezas"

Edicións Embora ven de publicar estes días a nova obra de Vicente Araguas, que é testemuño dun home, heroe este ano do Día das Letras Galegas, e responsable de que a xente do común saiba que un idioma é, tamén, literatura.

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +