Novas (12)

Martes, 30 de maio de 2017
Presentación de "A virxe das areas"

A libraría Sisargas da Coruña acollerá o vindeiro martes día 6, ás 20.30 horas, a presentación da última novela de Antonio Manuel Fraga. A virxe das areas é unha historia de intrigas, afectos e horror que prenderá ao lectorado dende a primeira liña.

Xoves, 06 de abril de 2017
Edicións Embora publica "Terra queimada", de Ramón Caride

Nova entrega narrativa de Caride que pousa a súa mirada na decadencia do mundo rural, na que o lume físico crónico de cada verán é contexto e símbolo da destrución de paisaxes, historias e soños.

Xoves, 02 de marzo de 2017
"Amada García e os seus arredores" chega á segunda edición

A obra de Bernardo Máiz será presentada en marzo en Pontedeume, Vigo, Santiago e A Coruña

Mercoles, 11 de xaneiro de 2017
Tres novas aventuras do Raposo Rufo

A colección O raposo Rufo ven de estrear tres novos títulos. Con eles pretende concienciar aos primeiros lectores sobre os alimentos saudables a través dun libro de receitas moi sinxelas (O raposo Rufo en Receitas cativas), como cultivalos e coidalos (O raposo Rufo en A maxia da horta) e sobre a importancia de respectar e protexer o noso mundo (O raposo Rufo en O coidado do medio). 

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +