António, Imma

António, Imma

A Coruña, 1968. é actriz, escritora e deseñadora. O seu labor profesional abrangue campos como o teatro, o cine, o vídeo, a televisión o deseño e a creación literaria. Como autora teatral recibiu o Premio Retrincos (1983), o Premio Galo Salinas (1985), o Premio Teatro Breve da Escola Dramática Galega por Como cartas a un amante (1987) e por As águas mudas (1989) e unha mención no mesmo premio por História do Siléncio (1985), o Premio Arlequín da Editorial Sotelo Blanco por Era nova e sabia a malvaísco (1990) e o Premio Rafael Dieste por A Ciencia dos Anxos (2003). Outras obras publicadas son Morde-me! (1996) e Os cárceres do esquenzo (2004). Tamén escribiu adaptacións de obras de Shakespeare, A. Dorfman, A. Long, D. Singer, J. Wintfield e Castelao.

Skip to content