Yazidi, Bechir

Yazidi, Bechir

Bechir Yazidi é doutor en Historia Contemporánea e investigador do Instituto Superior de Historia do Movemento Nacional (ISHMN) da Manouba (Tunisia). Experto nas relacións entre os países da beira do Mediterráneo occidental, e especialmente das relacións entre España e o Magreb, publicou en 2005 O dominio do Estado e a política colonial en Tunisia desde 1881 ata a crise dos anos 30. Sobre o presente traballo afirmou: “Considero necesario este libro sobre o exilio republicano español para recuperar a historia real duns acontecementos que permaneceron no esquecemento e para recoñecer o papel daqueles miles de exiliados na loita polas liberdades. Recuperar a memoria histórica é fundamental para educar ás xeracións novas en democracia e mostrarlles que o benestar do que gozan agora non choveu do ceo nin estivo sempre. Moitos deixáronse a vida para conseguilo”.

Libros escritos por Yazidi, Bechir

Non se atoparon títulos que concorden coa selección

Skip to content