Enrique Barrera, profesor de historia, dedicou os últimos anos á investigación da vida política ferrolá desde a II República ata a Transición democrática. Rafael Pillado, sindicalista, dirixente histórico do PCG e traballador de Bazán cando se produciron os sucesos do 10 de marzo de 1972, foi procesado en xullo de 1975 na causa 489/72, coñecida popularmente como “Xuízo dos 23”. José Torregrosa, mestre, poeta, exercía a docencia en marzo de 1972. Vinculado desde moi novo ao movemento cultural, foi procesado na causa da que trata este libro.
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +