Bernardo Máiz Vázquez (Ferrol, 1950), veciño do Seixo (Mugardos) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago e doutor en Historia Contemporánea pola de Zaragoza. É catedrático no IES Concepción Arenal. Entre os seus traballos de investigación destacan Galicia na Segunda República e baixo o franquismo (1988), Galegos en Euskadi. Galicia no corazón (1992), Nautilus. 1892-2894 (1994) e As embarcacións de pasaxe das rías galegas (2000, 2001), así como o comisariado da exposición Travesías: Galicia terra de navegantes e Non des ao esquecemento. Ano da memoria. 1936-2006.

Fermín Rico Peña (A Coruña, 1950) é enxeñeiro técnico naval e doutor en Ciencias Económicas. Foi presidente da ANPA Concepción Arenal no curso 2005-2006.

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +