Iglesias Leira, Miguel

Iglesias Leira, Miguel

Naceu en Pontedeume en 1911. Viviu en Ferrol dende o seu nacemento e, aos 16 anos, ingresou na Armada, onde prestaba servizo o 18 de xullo de 1936. Durante a guerra combate no bando republicano. Cando se produce a vitoria das tropas franquistas, Miguel Iglesias, atópase en Ucrania. Cando estala a segunda guerra mundial non pode regresar España ata 1942, tras ter cruzado Europa con moitas dificultades.

Ao seu regreso a Ferrol consegue emprego no porto da cidade, onde traballou como encargado de grúas e, ocasionalmente, como intérprete de ruso. Finou en Ferrol en 2003.

Libros escritos por Iglesias Leira, Miguel

Non se atoparon títulos que concorden coa selección

Skip to content