Naceu en Ferrol en 1914. En 1933 ingresou na Mariña, nas Brigadas de Instrución. En 1936 servía no Almirante Cervera. A Enrique Vigo fixéronlle consello de guerra e encadeárono no penal do caserío de Ossio (Cádiz). Entrou no cárcere o 21 de xullo de 1936 e saíu o 24 de xaneiro de 1942. Polas súas actividades antifranquistas volveu á cadea, nesta ocasión ao penal de El Dueso (Santander), entre 1950 e 1956.

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +