Vidal Bolaño, Roberto

Vidal Bolaño, Roberto

Santiago, 1950-2002. Ligado nos seus comezos, nos anos setenta, ao Grupo Abrente, en 1975 crea o Grupo Antroido para despois participar na experiencia da cooperativa Teatro do Estaribel, fundando por último o grupo Teatro do aquí. Alternou as tarefas de actor, director e escritor sen que esta pluralidade fixese que a calidade do traballo se resentise. Era un “animal de teatro”, vivíao con total dedicación e singularidade dramática dos seus textos, escritos fundamentalmente para ser representados (aínda que logo foran tamén publicados), foi recoñecida polo público e pola crítica, obtendo os premios Rafael Dieste, álvaro Cunqueiro, Xacobeo92, Eixo Atlántico e María Casares. é autor das obras seguintes: A burla do galo, A ópera do patacón, Agasallo de sombras, Baildela da morte ditosa, Cochos, Criaturas, Días sen gloria, Doentes, Laudamuco, Señor de ningures-Ledaíñas pola morte do meco, Mar revolto, O circo da medianoite. Maremia. As actas escuras, Rastros, Saxo tenor, Touporroutou da lúa e do sol, Animaliños e Os Papalagüi. Integral é a súa última obra.

Libros escritos por Vidal Bolaño, Roberto

Non se atoparon títulos que concorden coa selección

Skip to content