Ferrol, 1972. É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago e Doutor en Humanidades (Historia Moderna) pola Universidade da Coruña. A súa tese, defendida en 2001, Población y sociedad del Ferrol y su Tierra durante el Antiguo Régimen, tivo por obxecto o estudo das peculiaridades demográficas e sociais de Ferrolterra entre os séculos XVI e XIX. Na actualidade é profesor de Historia Moderna na facultade de Filosofía e Letras da Universidad de León. Ten publicado artigos sobre poboación, sociedade, mentalidades e historia militar en revistas especializadas, así como un libro, en colaboración con Víctor Manuel Castiñeira, Dun Finisterre a outro. A emigración galega á Patagonia.

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +