Piñeiro, Antonio

Piñeiro, Antonio

Ribeira, 1962. Cunha prosa que bascula entre o xogo estético e a forza do argumento, entre a forza da idea e o achado literario, é Premio Torrente Ballester, xunto con outra numerosa nómina de distincións, que o sitúan entre os autores máis premiados e destacados da literatura galega actual.

Membro do grupo de escritores xurdido no seo de Barbantia, foco da escena cultural galega do novo milenio, é autor de preto de trinta obras, entre as que están A través do fume, A identidade fascinada, O noiro, Boxcar blues, A carreta, O pau na roda ou Celada.

Con esta novela, Esca, ambientada ao redor do Balneario da Toxa e a vila do Grove a principios do século XX, obtivo o IV Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta en 2019.

Skip to content