Mato Fondo, Miguel Anxo

Mato Fondo, Miguel Anxo

Nace en Ponteceso (1953). Profesor de Lingua e Literatura, participa en iniciativas culturais galegas como conferenciante e relator. Na súa obra creativa e ensaística está sempre presente a paisaxe nativa como marco de carácter mítico e íntimista.
Como o mesmo autor ten escrito “a miña biografía comeza nun pequeno mundo gobernado por catro mulleres, unha casa con xardín, lecturas de francés, un sabre de capitán e o temperán recitado dun poema de Pondal”.
Publicou os poemarios O whiskey na barrica, (2004) e Terra Fría ( 2015). Participou tamén nas antoloxías Alén (1977) e De amor e desamor, I, II (1984, 1985, 2009), Rumbo ás illas (1997), De Pondal ao Batallón Literario (2009). No campo da narrativa publicou Xope de Lilaina (2005), e no de ensaio A mazá e a cinza, a poesía galega após 1976 (1991); A escrita da terra (1998); Señardade da luz. Obra poética de Manuel María (2011) e Transgresión e fraxilidade. Un retrato literario de Lois Pereiro (2011).

Skip to content