De Cervantes, Miguel

De Cervantes, Miguel

Alcalá de Henares, 1547 – Madrid, 1616. Novelista, poeta e dramaturgo universalmente coñecido por escribir El ingenioso Hidalgo don Quijote de la Mancha, que moitos críticos describiron como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal.

Miguel de Cervantes, considerado a máxima figura da literatura española, cultivou os xéneros narrativos habituais da súa época: a novela bizantina, a pastoril, a picaresca, a novela morisca, a sátira lucianesca e a miscelánea. Renovou un xénero, a novella, que se entendía entón como un relato breve, exento de retórica e de maior transcendencia.

A súa primeira obra publicada é La Galatea data de 1585; En 1605 escribiu a primeira entrega do Quixote, El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha. Oito anos despois saíron as Novelas ejemplares; e en 1915, a segunda entrega da súa obra máis coñecida, El ingenioso caballero don Quijote de la Mancha. A súa última obra é Los trabajos de Persiles y Sigismunda (1617).

Skip to content