Homero

Século VIII a.C. Poeta grego ao que se lle atribúe a autoría de A Ilíada e A Odisea, os dous grandes poemas épicos da antiga Grecia. A súa vida é unha mistura de lenda e realidade. Coñecido como Melesígenes, pronto destacou polas súas calidades artísticas. Unha enfermidade o deixou cego e, dende entón, pasou a chamarse Homero.

Moitos historiadores seguen a dubidar sobre se Homero existiu realmente ou se trata dun personaxe lendario. As súas obras puideron ser escritas por el, por outros autores antigos ou talvez son recompilacións de tradicións orais da época.

Skip to content