Novas (17)

Luns, 10 de xuño de 2019
Preséntase en Lugo "Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única"

Xulio Pardo de Neyra presenta este xoves día 13, ás 19.00 horas na libraría Trama de Lugo, a súa última obra. É este un libro que mostra a un Carvalho Calero polígrafo mercé á intervención de Mª Ignacia Ramos, a súa esposa e compañeira. Xunto ao autor estará a filla do escritor ferrolán María Victoria Carballo-Calero Ramos.

Mercoles, 06 de febreiro de 2019
O actor Carlos Blanco presenta o libro de Alfonso Tellado "Antes de perdermos a memoria"

A sede de Afundación en Ferrol acolle hoxe, ás 20.00 horas, a presentación das memorias de Alfonso Tellado. Unhas memorias colectivas narradas en primeira persoa.

Xoves, 22 de novembro de 2018
Guillermo Llorca amplía o seu "Ferroláns"

A edición revisada e aumentada de "Ferroláns" xa está nas librarías. Máis de 300 biografías de homes e mulleres compoñen unha obra de divulgación histórica monumental, escrita co desexo de que o conforte ao lector coa obra das xentes de ben que asoman polas súas páxinas.

Mercoles, 06 de xuño de 2018
Carolina Pernas presentou a súa novela "Invisible"

A escritora e xornalista Carolina Pernas presentou onte no Ateneo Ferrolán a súa primeira obra nun acto no que estivo acompañada polo tamén xornalista Nicolás Vidal e por Miguel Toval, director de Edicións Embora.

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +